E agora saimos na tele!

No programa @InformeenV de VTelevisión viñeron vernos para ver como era unha sesión de estudio. Pasámolo moi ben e cremos que quedou moi chulo. Como poderedes ver, Sintra foi a estrela absoluta! A ver que vos parece.

«Informe en V» Menudo curro

informeenV1

informeenV2

Nós saimos a partir do minuto 34:12, pero o programa enteiro está moi interesante.

Aberto por obras!

galletas

Despois de máis de dúas semanas entre pintura, lixas, masa, serras e demais por fin estamos de novo con vós con todo rematadiño, ha ha ha!… Nooon!! Porque despois de curtidos en máis de mil obras seguimos sendo uns inocentes e non damos aprendido que todo leva o dobre do que pensamos. Pero o importante é que estamos moi contentos coa nova imaxe (ben se nos ve na foto, eh?) e queremos celebralo, así que durante o vindeiro mes de setembro todas as sesións de estudio terán un desconto do 40%. A que mola?

E como non, moitas gracias a Antía, Paula e Ito por estes doces retratos tan chulos.

Sesións en exteriores

6624

Coa chegada do bo tempo fúchedes moitos os que vos interesáchedes en facer unha sesión de exteriores ao voso can, e houbo dúas preocupacións comúns nalgúns de vós: “E se non fai caso?” e “Teño medo que poida fuxir”.

Ao facer unha sesión ao aire libre o primordial é dar tempo ao can para que se familiarice co lugar e con nós e aos poucos ilo motivando. Anque sexa un sitio coñecido sempre hai olores novos que investigar, por iso é moi importante que todos o tomemos con calma e non invadamos o seu espazo. Se nada máis chegar nos poñemos diante del a lle “dar ordes” moi probablemente non facerá caso, vai empezar a estresarse e vai querer fuxir desa situación.

Cando fotografamos animais é esencial o seu benestar e seguridade. Se se trata dun can experto en escapismo pero está acostumado a pasear con correa podemos realizar a sesión con ela posta sen que por iso o resultado sexa menos atractivo ou dinámico. Dispoñemos de correas mooooi longas para este tipo de situacións e de artimañas para que non se vexan nas fotos. Así que xa sabedes, empatía, un chisco de paciencia e todo ha ir de marabilla.

Ola a todos!

Comezamos esta aventura que chamamos Eiravedra Pets. Aquí no blog iremosvos contando o que facemos e tamén cousas  interesantes relacionadas cos nosos peludos. Esperamos que vos guste.

Lembrade que tamén nos podedes seguir na nosa páxina de Facebook e no noso Twitter.

Un saudo!