Category consellos/consejos

Sesións en exteriores

6624

Coa chegada do bo tempo fúchedes moitos os que vos interesáchedes en facer unha sesión de exteriores ao voso can, e houbo dúas preocupacións comúns nalgúns de vós: “E se non fai caso?” e “Teño medo que poida fuxir”.

Ao facer unha sesión ao aire libre o primordial é dar tempo ao can para que se familiarice co lugar e con nós e aos poucos ilo motivando. Anque sexa un sitio coñecido sempre hai olores novos que investigar, por iso é moi importante que todos o tomemos con calma e non invadamos o seu espazo. Se nada máis chegar nos poñemos diante del a lle “dar ordes” moi probablemente non facerá caso, vai empezar a estresarse e vai querer fuxir desa situación.

Cando fotografamos animais é esencial o seu benestar e seguridade. Se se trata dun can experto en escapismo pero está acostumado a pasear con correa podemos realizar a sesión con ela posta sen que por iso o resultado sexa menos atractivo ou dinámico. Dispoñemos de correas mooooi longas para este tipo de situacións e de artimañas para que non se vexan nas fotos. Así que xa sabedes, empatía, un chisco de paciencia e todo ha ir de marabilla.