Quen somos

Gústannos os cans, e os gatos, e os cabalos… Os animais todos, vaia. E amamos a fotografía. Era difícil que non se xuntaran as dúas cousas. Xa levamos tempo nisto de disparar a cámara, andamos polo mundo da fotografía social, da prensa, da publicidade. Agora, dende o noso “campamento base” que é eiravedra fotógrafas lanzamos un novo producto, este que estades a ver. Estamos felices de xuntar as nosas paixóns e ofrecer algo que nos encanta.

A equipa.

Elena e Estevo somos os fotógrafos. Somos os que mellor o pasamos nas sesións, temos que recoñecelo. Máis que un traballo é un xogo cos peludos e peludas (ou emplumados, escamosos, pelados ou o que sexa). Temos una xefa esixente, Frida. Dende que chegou a nós a través da Asociación Cometa somos compañeiros nesta cousa que é a vida. E nós felices.

frida