que facemos

Onde preferides facer as fotos dos vosos peludos? No estudio, para que luzan como modelos. En exteriores, para que xoguen como lles gusta. Ou na casa, para que estean cómodos no seu entorno. Calquera destas opcións pode dar moito xogo para sacar o mellor deles.

O traballo podémolo presentar de tres formas:

.sesión de 5 fotos. – Faise no estudio e entregase nun CD con caixa.

.sesión de 10 fotos CD. – Pode facerse no estudio, en exteriores ou na vosa casa. Entrégase un CD en caixa coas dez fotos e cinco que escollades en papel en tamaño 15×20.

.sesión 10 fotos CD+álbum. –Pode ser no estudio, en exteriores ou en casa. Entregase o CD con caixa e un álbum coas dez fotos escollidas.

Nas sesión en exteriores ou en casa cóbrase o desprazamento a partir de 30 km. dende Ferrol ou Ourense. Consultádenos.

caixas

Recomendacións.

É bastante importante que os animais se encontren tranquilos á hora de facer as fotos. Para eles pode ser unha situación extraña e é mellor que os axudemos a estar relaxados. Dar un paseo antes de facer a sesión axuda moito. Se as fotos son no estudio hai que deixar que coñezan o espazo antes de empezar, é un sitio novo para eles. Tamén é unha boa idea que lles traiades algunhas das súas lambonadas preferidas para ilos recompensando según se vai facendo a sesión, anque aquí xa temos suculentas larpeiradas. Conséguense os mellores resultados cando eles o pasan ben, e nós tamén, claro!